jueves. 18.04.2024
Curva dos casos rexistrados en Verín e Vilardevós dende o 1 de decembro de 2020. | FOTO: Paula Morales.
Curva dos casos rexistrados en Verín e Vilardevós dende o 1 de decembro de 2020. | FOTO: Paula Morales.

A vila de Verín comeza a marcar a tendencia contraria ao resto de municipios da comarca de Monterrei en número de casos activos de coronavirus nas últimas horas. Cando o resto mantén uns niveis estables ou mesmo reducen os poucos diagnósticos cos que contan, no caso verinense a liña volve a ser ascendente. Ata Vilardevós, que arrincou o luns con 13 positivos e chegou o martes a 14 -que serían 15 de non producirse o falecemento dun home de 77 anos no municipio vítima da Covid, aínda que padecía patoloxías previas como diabetes e hipertensión-, rexistra nos últimos días unha lixeira redución, por debaixo da decena de casos. 

Verín, pola contra, contabiliza este domingo 11 casos activos, oito máis cos que comezou a semana. Riós incorpórase ao grupo dos cero positivos, no que están Castrelo do Val e Laza. Cualedro e Oímbra manteñen un caso activo, e Monterrei baixa este domingo de dous a un

Na comarca de Conso-Frieiras, a estabilidade tamén é a tónica. A Gudiña non rexistra ningún positivo e na Mezquita son dous os casos activos dende hai días. 

Amaro Refojo e Baroncelli, con dous casos en cada centro

Son os dous únicos centros educativos do distrito sanitario que manteñen casos nas súas aulas. No CEIP Amaro Refojo son dous os casos activos, os mesmo que no IES Castro de Baronceli, onde tamén permanece pechada unha aula, segundo a información falicitada polo Sergas este sábado. 

Verín remata a semana con oito novos positivos de coronavirus