
16:12 do 20 de novembro de 2020
A asociación de empresarios e empresarias de Verín organiza, para as 19:30 horas, un peche total dos seus establecementos e unha posterior pitada diante de cada unha das tendas e bares para protestar pola decisión da Xunta de Galicia que preside Alberto Núñez Feijóo de manter á vila con restricións cando en Carballiño os casos activos triplican os rexistrados no concello de Verín.