jueves. 18.04.2024
Iván Olmos, vicepresidente de CODE, e Gerardo Seoane, alcalde de Verín, na sinatura do convenio para a posta en marcha do torneo de debate.
Iván Olmos, vicepresidente de CODE, e Gerardo Seoane, alcalde de Verín, na sinatura do convenio.

Os días 12 e 13 do vindeiro mes de abril, Verín será escenario dun torneo nacional de debate de competición que acollerá a máis de 70 universitarios de toda España. O certame está organizado pola asociación Club de Oratoria y Debate e coa colaboración do Concello de Verín, unha entidade sen ánimo de lucro que busca promover o debate e a oratoria por toda a xeografía galega. Será o primeiro torneo destas características que se celebre no ámbito rural.

O debate parlamentario será o formato empregado para a competición, por ser o máis internacional dentro desta disciplina. Universitarios de todo o Estado daranse cita para debater sobre diferentes temas de actualidade no Auditorio Municipal de Verín. Tras seis roldas de competición en seis salas de debate simultáneas, os mellores equipos pasarán ás semifinais e á final do torneo, que se celebrarán o sábado 13, pola tarde, no mesmo auditorio. 

Ademais do propio consistorio, prestarán apoio ao certame local as entidades WEDU Sociedad & Educación, Fundación Dentalnova, Aguas de Cabreiroá e a firma de moda Roberto Verino

Entre as entidades colaboradoras, ademáis do propio consistorio, atopáse WEDU Sociedad & Educación, a Fundación Dentalnova, Cabreiroá e Roberto Verino. Os campións do certame, os subcampións e o mellor orador ou oradora, recibirán premios relacionados coa comarca. 

ORADORES INTERNACIONAIS NO EQUIPO DE ADXUDICACIÓN

Á fronte do equipo de adxudicación do torneo –o grupo de persoas que se encarga polo correcto desenvolvemento académico do certame e por determinar os temas de debate– estará un dos mellores oradores do mundo en fala hispana. Javier de la Puerta, campión mundial de debate en español e en inglés e formador na Universidade Pontificia de Comillas, serán quen encabece este equipo. Así mesmo, Javier Alberite será o asesor desta formación. Javier ten sido en dúas ocasións subcamipón mundial de debate en español. 

Segundo o director do torneo, Iván Olmos –segundo mellor orador do mundo en 2017–, "Verín acollerá a debatintes universitarios de primeiro nivel que ata agora só era posible reunir nas grandes cidades". 

Os veciños e veciñas de Verín poderán achegarse ao auditorio o sábado 13 de abril para presenciar como público as semifinais e a final deste certame. 

CONCURSO DE ORATORIA INFANTIL

No marco do I Torneo de Debate Vila de Verín, e co obxectivo de incentivar a participación neste tipo de actividades da mocidade da comarca, a asociación CODE, en colaboración co Concello de Verín e coa Fundación Dentalnova, organizará un certame de oratoria infantil. Este torneo estará dirixido ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria de toda a comarca, podendo participar tamén alumnado do resto da provincia. Os estudantes deberán grabar en vídeo un discurso de 2 minutos de duración baixo o tema "El poder de la sonrisa". Haberá dúas categorías: primeiro e segundo ciclo de secundaria. Os mellores discursos de cada categoría serán premiados cunha tablet. Os finalistas, cun paquete de xogos educativos.

O auditorio, escenario os días 12 e 13 de abril do "I Torneo de Debate Vila de Verín"