Venres. 29.03.2024
NP CONCELLO DE VERIN - Verin estr ea un roteiro patrimonial e medioambiental con 15 alternativas de ocio para veciños e visitantes.
Os técnicos de Rótulos Losada colocan a lona cos roteiros na Praza García Barbón. | FOTO: Carlos Montero

Quince novas rutas con contido patrimonial e medioambiental están a disposición dende hoxe para todos os visitantes da praza García Barbón de Verín mediante un mural xigante instalado nun lateral deste espazo. Nelas se pode acceder, mediante a lectura en código QR, ás direccións web onde están aloxados os roteiros con trazado GPS e cunha pormenorizada descrición.

Os paseos, deseñados todos cun carácter familiar e formativo para que poidan ser abordados por nenos e maiores, cobren boa parte da oferta patrimonial e cultural do Val de Monterrei.

Os paseos, deseñados todos cun carácter familiar e formativo para que poidan ser abordados por nenos e maiores, cobren boa parte da oferta patrimonial e cultural do Val de Monterrei, comezando polo percorrido máis próximo, como o paseo da Pousa, pero chegando tamén a outros puntos de interese como as xoias arquitectónicas de Mixós ou entornos naturais privilexiados coma o Pozo do Demo.

IMG_4300Os 15 roteiros están sinalizados co seu correspondente código QR | FOTO: Iván Olmos

Do mesmo xeito, o mural –que representa a presa de Peláez ou de Miñambres, no decurso do Támega– contén toda a información necesaria para chegar vía GPS ata o punto de inicio e para seguir a ruta, así como a descrición e guía detalladas de cada visita, para realizar en grupos ou individualmente mediante os trazados dispoñibles no smartphone.

Os roteiros están pensados para o coñecemento exhaustivo da comarca de Monterrei, cun grao de dificultade accesible a todos os públicos, sendo a maioría deles circulares. O roteiro da Pousa contén tamén sinalizados os antigos pozos de baño do Támega en Verín, hidrónimos tradicionais que é necesario conservar mediante as novas tecnoloxías.

Os 15 roteiros disponibles son :

-       Un paseo pola Pousa

-       Tamagos, o castro dos tamagani

-       Curral de Castrelo do Val e o castro da Cabanca

-       Románico de Infesta e a aldea deserta de Paradiña

-       A ermida románica de Santo Antón e Ábedes

-       Vilamaior do Val e a ermida de Os Remedios

-       Ruta do gourmet da auga

-       Entre o balneario e a aldea de Cabreiroá

-       Ruta do bufo do Pozo do Demo

-       A Vía XIV entre a Pousa, Mixós e o Támega

-       Oímbra, a vila dos tres pazos e tres capelas

-       Pazos, un labirinto medieval entre viñas

-       Vilaza, de castrexos, romanos e templarios

-       Monterrei polos camiños reais

-       Verín e San Lázaro, un paseo por pedras centenarias

Verín estrea un roteiro patrimonial e medioambiental con 15 alternativas de ocio para...