viernes. 19.04.2024
A Feira de Nadal contará con máis de 40 postos.
A Feira de Nadal contará con máis de 40 postos.

Este sábado e domingo, 7 e 8 de decembro, a Praza Maior de Verín acolle a V edición da Feira de Nadal, organizada polo Concello de Verín. Na mesma, participarán máis de 40 postos de artesanía, alimentación, decoración, regalos e doces, tal e como confirmou o concelleiro de Transportes, Feiras e Hostalería, Manuel Lourenzo.

A feira contará tamén con animación natalicia, cata de viños, música e sorteos de produtos típicos de nadal doados polos expositores. Ao igual que na pasada edición, a Feira de Nadal contará tamén coa participación activa das nenas e nenos da vila, con postos onde porán a disposición dos veciños os seus propios produtos artesanais. Como novidade, a Feira de Outono, programada para o pasado 9 e 10 de novembro, foi aplazada para esta fin de semana por mal tempo, polo que na Praza Maior tamén haberá oco para produtos típicos do outono.

Esta fin de semana, a Praza Maior acollerá a Feira de Nadal.

Esta fin de semana, a Praza Maior acollerá a Feira de Nadal.

Durante a xornada do sábado inagurarase a Feira de Nadal ás 17:00 horas coa actuación da banda de gaitas do Concello de Verín, achegarase Papá Noel ata o recinto feiral para recoller as cartas dos cativos, actuará a Agrupación Musical Candaira ás 18:00 horas e haberá unha Cata de viños da Denominación de Orixe Monterrei no Restaurante Regueiro da Cova. Para esta última actividade é preciso inscribirse previamente no Concello. O domingo, as actividades continúan coa visita do Apalpador ao recinto feiral ás 17:00 horas e ás 20:00 horas entregarase o premio ó Mellor Stand Natalicio.

O horario de apertura das casetas da Feira de Nadal será de 11:00 a 14:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas, e postos como Dolche Abejas, Trapalladas artesanía, Galería Girasol e Queso Picos de Europa serán algúns dos máis de 40 postos que estarán durante esta fin de semana na Praza Maior de Verín.

Verín acolle a V edición da Feira de Nadal