23:36 do 29 de outubro de 2020
Un comerciante da vila, seguro que farto de comprobar como a súa recadación cada vez se reduce máis por conta do comercio electrónico e, sobre todo, pola omnipresencia de Amazon, vén de iniciar unha novidosa e impactante campaña publicitaria que se pode ver nas portas dalgún establecemento e mesmo nas varandas que protexen aos transeúntes da avenida de Portugal á altura da rúa Montemaior.
Con frases tan reveladoras como "Jeff Bezos non vive en Verín", "Jeff Bezos non merca tornillos en Verín" ou "Jeff Bezos non paga o imposto de circulación en Verín", os responsables da campaña -os propietarios da librería AZ, que contaron coa colaboración de Arte Dixital para a elaboración da pancarta- pretenden concienciar aos residentes da vila, municipio e concellos limítrofes da importancia de apoiar ao comercio local cunha lapidaria máxima: "Se o tes en Verín, mercao en Verín".