domingo. 19.07.2026
O PP de Verín lembra ao Concello a oportunidade de incluír as obras de mellora no Plan CooperOU logo de visitar a zona

A veciñanza do barrio da Cruz Vermella reclama solucións ao abandono das súas rúas | NOTICIAS VERÍN

20251107 PP Visita Barrio Cruz Vermella 02 Víctor Baladrón, Lara da Silva, Sonia Arias
Víctor Baladrón, Lara da Silva, Sonia Arias e Beatriz Blanco visitaron o barrio para escoitar as queixas da veciñanza.

As reclamacións da veciñanza do barrio da Cruz Vermella en Verín volven poñer o foco na situación de abandono que, segundo denuncian, sofre esta zona da localidade. As concelleiras do Partido Popular en Verín Lara Da Silva, Sonia Arias e Beatriz Blanco, xunto co deputado autonómico Víctor Baladrón, visitaron o barrio para escoitar as reivindicacións.

Os veciños sinalan que as rúas atópanse en mal estado e o firme está levantado, deficiencias que dificultan o acceso ás súas vivendas e empresas. Lamentan, ademais, ter escoitado "falsas promesas" durante este último ano por parte do Concello de Verín.

Solucións a través do Plan CooperOU

Ante esta situación, o PP reclama ao grupo de goberno que "escoite a esta veciñanza, atenda as súas necesidades reais e deixe de enganalos". Os representantes populares recordan que o Concello ten a oportunidade de financiar estas obras de mellora a través do Plan CooperOU da Deputación de Ourense.

Segundo recordan, o Plan CooperOU xa permitiu o asfaltado de varias rúas e a adecuación de accesos no municipio, e Verín acadará máis de 2,1 millóns de euros a través deste programa provincial durante a lexislatura. "O bipartito debe deixar as escusas a un lado e pórse a traballar para mellorar a calidade dos nosos veciños e veciñas", engadiron.

20251107 PP Visita Barrio Cruz Vermella, abandono rúas
O deterioro do pavimento das rúas está a dificultar o acceso a vivendas e empresas no barrrio da Cruz Vermella.

Abandono das infraestruturas urbanas

Os populares tamén indicaron que a situación de abandono non só afecta á Cruz Vermella, senón tamén a rúas céntricas, como a rúa Galicia, e a vías principais en núcleos rurais como Queizás, Vilamaior, Pazos e Tintores, lamentando o "desinterese habitual" por parte do goberno local. "A nosa veciñanza merece vivir nunha localidade segura e coidada", conclúen os populares tras a visita.

A veciñanza do barrio da Cruz Vermella reclama solucións ao abandono das súas rúas |...