
14:17 do 12 de marzo de 2021
Entre as 9:00 e as 15:00 horas deste sábado, están chamadas unhas 200 persoas para recibir a primeira das doses da vacina de AstraZéneca no hospital de Verín. Son aquelas que teñen por primeiro apelido un que comece pola letra hache e seguintes, ata os que se inicien por "Mo".
Pertencen ao grupo de 2.150 ourensáns entre 50 e 55 citados para vacinarse fronte a Covid - 19 en Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. A cita está a ser enviada mediante unha mensaxe de SMS que inclúe o código QR da cita e a localización do punto de vacinación.