sábado. 20.04.2024
doazon
Explicación do proceso de doazón de sangue. Fonte: Axencia de Doazón de Órganos e Sangue.

A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), estará este venres na praza García Barbón de Verín. Todas aquelas persoas que queiran doar sangue poderán facelo achegándose entre as 10:15 h a 14:00 h e as 16:30 h a 21:00 h, nunha nova campaña de doazón desta entidade asociada co SERGAS.

Precísanse doazóns de todos os grupos sanguíneos, pero as reservas de "Cero positivo", "Cero negativo" e "A positivo" son as que teñen un nivel máis baixo e das que se require unha maior cantidade, segundo o comunicado de ADOS. 

Baixo o lema "Son moitos os motivos, non os esquezas. Comparte saúde. Doa Sangue", A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue pretende acadar a cifra de 500 doazóns de sangue cada día.

Algún dos requisitos para poder doar son ser maior de idade e pesar máis de 50 kg. Se a persoa fixo unha tatuaxe terá que esperar 4 meses para poder volver participar nesta actividade voluntaria. Para clarexar calquera dúbida, coñecer o día no que as unidades móbiles estarán en cada concello ou deixar algunha suxestión, está habilitado o teléfono gratuito 900 100 828, ou o email [email protected].

A unidade móbil para doar sangue estará este venres na praza García Barbón de Verín