viernes. 19.04.2024
139204483_3956704877714299_3357527119288213105_o
Aviso do Concello de Verín para a cancelación do Entroido 2021. | FOTO: Concello de Verín.

O Covid-19 é unha enfermidade que non só pon en risco a nosa saúde, senón tamén as nosas tradicións. Sen embargo, non queda outra que adaptarse á nova situación. Unha situación que pouco a pouco vai elevando o número de casos por Covid en Verín. Por este motivo e coa intención de non por en risco a ninguén, dende o concello toman a decisión, por dolorosa que sexa, de cancelar o Entroido 2021

Así o explicou Emilia Somoza, concelleira da área de Educación, Cultura e Festexos, ''dende o Concello de Verín temos a responsabilidade social de poñer todo o que estea da nosa parte para evitar potenciar calquera tipo de evento ou celebración, máis aínda se falamos de eventos multitudinarios como o Entroido, que poidan provocar aglomeracións de xente que poñan en perigo a saúde pública''. 

Dende o Concello de Verín temos a responsabilidade social de poñer todo o que estea da nosa parte para evitar potenciar calquera tipo de evento ou celebración que poidan provocar aglomeracións  (Emilia Somoza, concelleira da área de Educación, Cultura e Festexos)

Así mesmo, entendendo que o espírito Entroido se desenvolve nas rúas conclúe que, ''cremos que coa actual situación sanitaria ninguén entendería que Verín celebrase un entroido no que a xente non puidese gozar libremente da festa nas súas rúas e da particular anarquía que caracteriza a estes tradicionais festexos''.

Coa actual situación sanitaria ninguén entendería que Verín celebrase un entroido no que a xente non puidese gozar libremente da festa nas súas rúas (Emilia Somoza, concelleira da área de Educación, Cultura e Festexos)

Un ano sen Entroido en Verín