O sabor máis tradicional volve ás mesas de Cuntis cunha cita gastronómica que cada ano reúne a veciños e milleiros de visitantes arredor dun dos pratos máis emblemáticos da cociña galega. O Xantar do Lacón con Grelos abriu o prazo para reservar mesa o pasado mércores e hoxe é o último día para poder facerse cunha, chamando ao 986 53 36 00.
O prezo é de 23 euros por persoa e as mesas deberán ser de número par. Lembran ademais que non se venderán entradas o propio día, polo que só se poderá acceder con reserva previa. Unha oportunidade perfecta para gozar da tradición, do bo ambiente e do mellor sabor da tempada nun Concello amigo da comarca e que mesmo destinou efectivos -co seu alcalde á cabeza- para combatir a vaga de lumes do pasado mes de agosto.
