
Como cada verán que se rexistra unha tromba de auga, repítense non mesmos puntos da vila de Verín as consecuentes inundacións que acaban por deixar intransitables algunhas das rúas, e anegar baixos, garaxes e establecementos comerciais. A rúa da Cruz na súa intersección coa praza; a rúa Maior cerca da praza do Rei, a avenida de Laza ou Canella Cega foron algunhas das localizacións onde se acumularon importantes cantidades de agua que chegaron a asulagar algún local -coma o bar Liló, na praza García Barbón- ou portais de vivendas.
Avenida de Cabreiroá, Canella Cega e Infistela foron algunhas das rúas que se anegaron nalgúns dos seus puntos.
Unha vez máis repetíronse os mesmos problemas ocasionados non só polas trombas de auga senón tamén pola propia orografía do terreo en Verín e as súas construccións, próximas á canle de río Támega e, moitas delas, nas que arestora se consideraría como zona inundable. A Policía Local de Verín cortou os accesos á rúa Amaro Refojo, da Cruz e Maior, ata que non se foi sumindo a auga acumulada na intersección das dúas últimas.