Xoves. 28.03.2024
González Formoso, dirixíndose aos seus simpatizantes e compañeiros de formación.
González Formoso, dirixíndose aos seus simpatizantes e compañeiros de formación.

Verín, Xinzo de Limia e Celanova foron este xoves as paradas de Valentín González Formoso na súa visita a grande parte das vilas galegas con representación socialista. O candidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE instou, ante a militancia verinense -uns trinta na sede do PSdeG en Verín-, á participación nas primarias do 30 de outubro "para poñer o mellor do PSdeG ao servizo de Galicia".

González Formoso destacou que "non hai que ter medo ás Primarias, son unha ferramenta democrática que dá voz á militancia para que decida o futuro do partido" e lembra que "se fose pola actual dirección do PSdeG terían sido o 26 de setembro e habería só un candidato pero, por sorte, o PSOE ten órganos que garanten a participación democrática da militancia, algo que está no ADN do socialismo".

Formoso incidiu en que fará unha campaña "en positivo, baseada en ideas e propostas, sen entrar en confrontacións persoais" e reiterou o seu compromiso de que "se finalmente son elixido nunca haberá un proceso de Primarias á medida do Secretario Xeral. É unha ferramenta de que nos dotamos e que debe fomentar a participación, non coartar ou prohibir que se presenten persoas que queiran mellorar o partido e a sociedade", afirmou.

O alcalde das Pontes e actual presidente da Deputación da Coruña estivo arroupaudo, entre outros, polo seu homólogo de Castrelo do Val, Vicente Gómez, e tamén polo voceiro socialista no Concello de Vilardevós, Julio Prada, representantes dos dous municipios máis críticos ca actual executiva rexional, como xa así reflectiron os resultados no proceso electoral para designar a lista que representaría a Ourense no 40 Congreso Federal do PSOE. 

Parada en Verín de González Formoso, oponente de Caballero nas primarias do PSdeG