viernes. 19.04.2024
WhatsApp Image 2020-03-23 at 19.09.28
Momento no que o persoal sanitario do Hospital de Verín introduce a padiola co paciente para o seu traslado ao CHUO. | Foto: Xosé Lois Colmenero.

O paciente, un varón duns 70 anos, foi trasladado esta tarde ao redor das 18:00 horas ao Centro Hospitalario de Ourense tras empeorar o seu diagnóstico despois de estar illado polo protocolo do coronavirus no Hospital de Verín. Ao seu ingreso no CHUO repetiráselle a proba do COVID-19 xa que presenta neumonía bilateral, unha das patoloxías propias do virus. 

Segundo confirmou Diario do Támega, a esta hora encóntranse illadas no hospital de Verín por protocolo do COVID-19 tres persoas ás que se lles practicou a proba e que están á espera de resultados. No caso de que algunha dé positivo, sumaríanse aos casos xa confirmados: unha muller de 36 anos residente en Oímbra, que se encontra hospitalizada, e outra de 64 anos, que permanece illada no seu domicilio en Verín.

Trasladado á UCI do CHUO un varón que permanecía illado no Hospital de Verín por...