jueves. 25.04.2024
Concentración do pasado venres 29 de abril, diante do hospital. | FOTO: Noelia Caseiro.
Concentración do pasado venres 29 de abril, diante do hospital. | FOTO: Noelia Caseiro.

A comisión delegada do Hospital de Verín, en representación dos traballadores do Distrito Sanitario, vén de anunciar unha nova concentración diante das portas do centro hospitalario este venres, coa que reclaman que se manteñan os acordos alcanzados pola mesa de negociación e que o actual xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras tenta invalidar.

Ademais das mobilizacións, que manterán, veñen de enviarlle unha carta ao conselleira de Sanidade, Julio García Comesaña, pola que lle solicitan unha reunión con él e coa Dirección Xeral de Recursos Humanos do departamento que dirixe o anterior. Segundo aseguran, "as importantes deficiencias e falta de xustificación na toma de decisións realizadas de forma unilateral por parte da Xerencia da Área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, eliminando dereitos dos traballadores derivados dos acordos da mesa de negociación da comisión delegada (...), están a xerar unha profunda crispación no persoal, que ven como son atacados frontalmente os seus dereitos chegando incluso a imposibilitar a conciliación en moitos casos", explícanlle a García Comesaña. 



Unha das decisións adoptada pola Xerencia, e que máis enfado provocou entre os traballadores, é a supresión da posibilidade de vacacións por semana en periodo ordinario, "acordo asinado dende fai moito anos, non supoñendo este acordo ningún prexuízo para a Administración como así quedou reflexado ao longo de máis de 20 anos", din dende a comisión delegada. 

A representación dos traballadores remata a petición de reunión criticando a actitude do actual xerente da Área Sanitaria, Félix Rubial: "As actitudes amosadas pola dirección da Xerencia en canto á negación habitual dos problemas imposibilitan a comunicación efectiva neste intre con esa Administración e cremos que, sendo un hospital comarcal de difícil cobertura, non é esta a mellor forma de motivar ao persoal para que se desprace a traballar aquí", conclúen. 

Os traballadores do hospital concentraranse de novo este venres e piden verse co...