sábado. 04.05.2024
Fede Arias, con Diego Lourenzo -á dereita-, no balneario de Caldeliñas.
Fede Arias, con Diego Lourenzo -á dereita-, no balneario de Caldeliñas.

Fede Arias, reporteiro e presentador do programa "Mejor Contigo" de RTVE, será nomeado este venres 25 de febreiro en Verín "Capuchón 2022". O ente municipal outorgaralle dita mención honorífica en recoñecemento ao seu traballo visibilizando a riqueza cultural dos pobos e municipios do noso país.

Durante a mañá do próximo día 25 de febreiro (venres de entroido), a través do programa "Mejor Contigo" de Radio Televisión Española poderase ver en directo a Fede Arias, quen, recibido por varios cigarróns, será nomeado "Capuchón de Verín 2022" polo alcalde, Gerardo Seoane, e pola concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, na Praza do Concello de Verín.

O acto, que dará comezo ás 12:30 horas, estará aberto ao público pero con aforo controlado, mantendo en todo momento as medidas de seguridade necesarias que esixen os actuais protocolos anticovid vixentes decretados pola consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Todo listo para nomear ao reporteiro Fede Arias, de TVE, "capuchón de Verín 2022"