Venres. 29.03.2024
41 graos rexistraba ás 18:00 horas o termómetro da farmacia da Praza Maior.
41 graos rexistraba ás 18:00 horas o termómetro da farmacia da Praza Maior.

A Xunta de Galicia, a través do seu Comité de Plan de Calor, e no marco do Plan de Actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, vén de estender a situación de alerta por vaga de calor nivel 3 (máximo) declarada o venres pasado nalgunhas zonas de Pontevedra a toda Galicia, cunha duración que se prevé ata polo menos o venres desta semana.

MeteoGalicia informa desde hoxe luns, e polo menos ata o venres, toda Galicia permanecerá baixo os efectos dunha masa de aire moi cálida de orixe norteafricana. Trátase dunha situación excepcional na Comunidade galega, xa que ademais das altas presións que permanecerán estacionarias ao norte da península Ibérica, teremos unha DANA (Depresión Aillada en Niveis Altos) no Atlántico, ao oeste da península Ibérica, que fará que a intensidade e mesmo a duración desta chegada de aire cálido sexa superior a outros episodios. Isto fará que as temperaturas sexan moi elevadas durante este período tanto nos valores mínimos como nos máximos.

Nada mellor para combatir esta vaga de calor que bebidas refrescantes, coma as que ofrecen en Boticas Hotel Art & Spa. | FOTO: Mila Ojea.
Nada mellor para combatir esta vaga de calor que bebidas refrescantes, como as que ofrecen en Boticas Hotel Art & Spa. | FOTO: Mila Ojea.

Porén, os centros sanitarios galegos están en sobre aviso polo previsible aumento de patoloxías asociadas á calor.

A situación rematará co achegamento desa DANA a Galicia, previsiblemente durante a fin de semana, xa que nese momento teríamos inestabilidade e polo tanto nubes, tormentas e entrada de aire atlántico, máis fresco e húmido que ocasionaría un importante descenso nos termómetros.

NOTICIAS VERÍN | Toda Galicia no nivel máximo de alerta pola vaga de calor