viernes. 19.04.2024
Luís Villares, o voceiro nacional de En Marea, desgrana en 20 minutos as principais liñas do seu programa

"Urxe reformar a lei de financiación dos concellos para que os seus recursos non se calculen en función da poboación"

Diario do Támega e o seu veciño de Dende A Limia aproveitaron a visita do voceiro nacional de En Marea, o pasado sábado, tanto a terras da Tamagania como da Limia para coñecer un pouco máis en profundidade a un líder curtido en non poucas liortas, de ámbito estatal pero tamén rexional. Villares abandeirou a caracterización da coherencia para rachar con tutelas anteriores e desgranou en pouco máis de 20 minutos as principais medidas que levarán os representantes de En Marea no momento en que se senten a negociar un apoio ao vindeiro presidente do Goberno. Requisitos imprescindibles para un si que non deberá esquecer a Galicia e as comarcas de Xinzo e Verín.

"Urxe reformar a lei de financiación dos concellos para que os seus recursos non se...