Foros os lucenses de Fontecelta os que abriron a espita desta singular loita publicitaria cando, en varios puntos das principais capitais da xeografía galega, colocaron publicidade alusiva á súa competencia: Cabreiroá. Fixérono sutilmente asegurando nas súas mensaxes que non querían "cabreiroala".
Cabreiroá non tardou en responder con outra inxeniosa lenda, que tivo tamén a súa resposta nas redes sociais. Entre outras das mensaxes, os de Cabreiroá bromeaban con Fontecelta asegurando expresamente que se os chegan a avisar, terían pagado a campaña a medias, nesa clara referencia que os lucenses fixeran ós verinenses.
Sumouse Mondariz de xeito virtual uns días despois e, agora, dúas semanas máis tarde, é outra das augas de Verín a que físicamente se suma a esta particular e divertida regueifa hídrica: "Entón, como quedou o conto? Perdoade que nos tomásemos o noso tempo, pero é que xa temos 164 anos", din, para presentala no fondo do valo publicitario como "a primeira auga de Galicia dende 1859".