Solleira, o centro de día de Verín, está convidado pola productora do programa da TVG "Quen anda aí?" a participar como público do directo que se emitirá o vindeiro 29 de outubro entre as 15:45 e as 19:00 horas.
O centro para maiores do Concello de Verín acudirá con parte dos seus usuarios, familiares e persoal. Pero tamén quere facer extensivo o convite a todos aqueles que desexen participar dunha experiencia televisiva en rigoroso directo.
Se queres acudir ao plató do magazine da televisión autonómica de Galicia o vindeiro día 29 de outubro totalmente gratis, só tes que contactar con Solleira nos teléfonos 988 41 33 80 ou 686 330 363 e confirmar a túa asistencia.
O autobús partirá dende as portas do centro de día -no baixo da antiga Praza de Abastos- cara as doce e media do mediodía e terá hora de chegada a Verín alá polas 21:00 horas.
