jueves. 25.04.2024
Centro Hospitalario Universitario de Ourense, onde estaba ingresada a moza verinesa.
Centro Hospitalario Universitario de Ourense.

O Sindicato de Enfermería SATSE en Ourense reclama ao Titular da Consellería de Sanidade, Julio Comesaña, a destitución inmediata da Directora de Enfermaría na Área Sanitaria de Ourense, Beatriz Cabanelas. O Sindicato e o personal (tanto fixo coma temporal) cren que a xestiÓn desta directora é "completamente nefasta", o que provoca unha gran desafección de toda a profesión na provincia.

Arredor de 3000 profesionais que se atopan ó seu cargo están a sufrir constantemente agravios no seu exercicio profesional: xornadas superiores á esixida, cambios constantes de turnos e do lugar de traballo sen previo aviso, denegación sistemática de días de libre disposición, dificultades para o desfrute das vacacións estivais, falta de abono de atrasos de salarios... Son algunhas das causas que levan ó Sindicato a tomar esta decisión.

Para SATSE non é menos preocupante tamén a afectación directa nos mandos intermedios, supervisores e supervisoras, que queda referendada polas continuas dimisións nos últimos meses destes cargos. Feitos que afirman, son un claro indicador da falta de capacidade da directora, e pon en serio risco o funcionamento normal do CHUO, da Atención Primaria e do Hospital de Verín nestes momentos.

Esta laxitude de accións pola sua parte tamén se traduce nun aumento de reclamacións e denuncias por parte da asesoría xurídica deste Sindicato, en aras da defensa dos traballadores, ante a falta dun carácter negociador e de diálogo da Directora.

Dende o Sindicato queren trasladar ó Conselleiro a súa implicación nesta problemática co ánimo de reverter a situación na que está derivando a actividade enfermeira da área sanitaria, onde se está pondo en risco de xeito continuado a saúde e fidelización das enfermeiras e fisioterapeutas coa clara e directa repercusión na saúde dos doentes.

O Sindicato de Enfermaría de Ourense solicita ó Conselleiro o cese da directora da súa...