jueves. 25.04.2024
Hospital Público de Verín.
Hospital Público de Verín.

Nada máis recibir comunicación, este luns, da Asesoría Xurídica do Servizo Galego de Saúde, declarando a extinción anticipada do contrato e habilitando á toma de medidas provisionais, a Dirección de Recursos Económicos da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras vén de informar ao persoal de seguridade de Mersant Vigilancia S.L., nos hospitais públicos de Valdeorras e Verín da intervención de dito contrato a través da empresa Protección y Seguridad Técnica, S. A. (Prosetecnisa) que subrogará ao persoal e servizos de inmediato, a partir das 24:00 deste martes 26 de abril.

Igualmente, como se lles trasladou aos traballadores o pasado mes de marzo, desde ese mesmo momento, o mércores día 27, iniciaranse os trámites para proceder á nova licitación do servizo de vixilancia e seguridade de ambos centros sanitarios, de acordo cos prazos e garantías de obrigado cumprimento.

Con este contrato, chegase ao fin a unha solución no marco da legalidade, para estes traballadores que garante os seus dereitos e a continuidade do servizo, tras meses de mediación e esforzos desde a dirección da Área e dos distritos sanitarios, ante a falta da colaboración e incumprimentos da empresa Mersant, que agora deberá responder ante os traballadores pola vía xudicial. 

A decisión do Servizo Galego de Saúde veu motivada polos reiterados incumprimentos no abono dos salarios dos traballadores que prestaban o seu servizo nos dous hospitais de Verín e O Barco, persoal que chegou a encadear varios meses sen percibir a súa retribución. 

O Sergas rescinde o contrato coa adxudicataria da seguridade do hospital