
Varios veciños da comarca espertaron hoxe cunha inesperada mensaxe do Servizo Galego de Saúde. Trátase da notificación dun presunto resultado negativo, derivado, tal e como se detalla no SMS, dun cribado Covid-19 de hoxe día 24, o cal nunha foi realizado.
Os pacientes notificados, que roldan os 30 anos de idade, recibiron a mensaxe entre as 08:50h e as 09:00h da mañá e todos afirman non terse sometido a ningunha proba recentemente. "Primeiro pensei que o resultado podía ser doutra persoa pero despois xa me fixei en que coincide a terminación do meu DNI", conta unha das afectadas.
Segundo confirmaba o propio Sergas horas despois, durante unha tarefa de mantemento "activáronse por erro dous procesos que estaban suspendidos. Deste xeito, foron enviados mensaxes con resultados negativos -os positivos comunícanse por teléfono- de cribados realizados con anterioridade en Verín e A Rúa, cargando de maneira automática o día no que se envía", explican.