martes. 16.06.2026
A medida aplícase con retroactividade ao 1 de abril

O Sergas mellora o salario e as condicións laborais do persoal médico de Urxencias hospitalarias | NOTICIAS OURENSE

Fachada principal del Hospital Comarcal de Verín, cuyos servicios médicos centran el debate entre los trabajadores y la administración.
Fachada principal del Hospital Comarcal de Verín.

Consello da Xunta aprobou un paquete de melloras laborais e retributivas para o persoal facultativo dos servizos de Urxencias hospitalarias do Servizo Galego de Saúde (Sergas), co obxectivo de dar resposta ás demandas deste colectivo médico.

A medida máis destacada é o incremento de 5 euros no valor da hora da xornada complementaria destes facultativos, unha suba que se aplicará de xeito progresivo e con independencia de futuras subas a nivel estatal. De forma retroactiva ao 1 de abril de 2026, aplicarase un incremento de 2 euros por hora, ata acadar os 34,56 euros. No ano 2027, engadirase un incremento adicional de 3 euros por hora, ata os 37,56 euros.

O paquete tamén inclúe unha reivindicación histórica dos profesionais de Urxencias: a noite do venres pasará a retribuírse como módulo prefestivo, co mesmo tratamento que a noite de sábado a domingo. Así mesmo, modifícanse os criterios de cómputo do réxime de descanso, con efecto retroactivo ao 1 de xaneiro de 2026.

Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas comprométese ademais a realizar un estudo de cargas de traballono último trimestre do ano para valorar posibles ampliacións nos cadros de persoal e garantir unha distribución equilibrada de tarefas nos dispositivos de Urxencias.

O Sergas mellora o salario e as condicións laborais do persoal médico de Urxencias...