Xoves. 28.03.2024
O Festival Internacional de Cine Play-Doc, en pasadas edicións. | FOTO: Cedida.
O Festival Internacional de Cine Play-Doc, en pasadas edicións. | FOTO: Cedida.

O Festival Internacional de Cine Play-Doc será o certame convidado na V edición do FIC Vía XIV: o vindeiro lun, 10 de setembro, poderá visionarse -no Auditorio de Verín- unha selección de curtas proxectadas nas edicións anteriores do festival invitado. 

En todas as edicións do Festival Internacional de Curtas de Verín se convida a outro certame celebrado na comunidade galega, como símbolo de recoñecemento e para poñer en valor o seu traballo. 

“Cada ano, dende o Festival Internacional de Curtas de Verín queremos render tributo e pór en valor o excelente traballo que realizan os nosos colegas en diferentes partes de Galicia”, sinala o director do FIC, Carlos Montero.

O pasado ano, foi o Festival Internacional de Curtas e Comedia (RIR) de Allariz e neste 2020, tocaralle ó certame internacional de Cine Play-Doc -que celebrará a súa XVI edición na localidade pontevedresa de Tui entre o 23 e o 27 de setembro-. 

“Este ano optamos por convidar a representantes do Festival Internacional de Cine Play-Doc, que contan cunha sólida e recoñecida traxectoria de máis de tres lustros organizando un certame de referencia, para que nos trasladen a súa experiencia”, engade o organizador do festival de curtas verinense.

Os responsables do FIC Vía XIV de Verín -que ten previsto celebrarse en setembro- sinalan que se preocuparán por garantir a seguridade do público, dos convidados e do propio equipo a través dunha nova edición que compatibilice o desfrute da programación e as medidas e protocolos sanitarios pertinentes.

Sobre o certame Play-Doc

Play-Doc consolidouse coma un referente porque logrou manter, ó longo das edicións, un modelo de festival singular combinado cunha programación rigurosa e un público heteroxéneo.

O certame deu cabida tanto a novos creadores como a lendas da sétima arte, tales como Albert Maysles, Bruce Weber ou Artavazd Pelesjan. Outros cineastas de culto -ás veces esquecidos ou censurados- como Kidlat Tahimik, Charles Burnett ou Peter Emanuel Goldman, tamén se achegaron ó festival Play Doc nalgún momento das súas carreiras.

O Play-Doc de Tui será o próximo convidado ó Festival Internacional de Curtas de Verín