Venres. 29.03.2024
O conselleiro vén de anunciar medidas restritivas para o concello limián polo avance desorbitado dos casos

Sanidade salva a Verín do peche da hostalería e da actividade non esencial o día que condena a Xinzo

A incidencia acumulada dos últimos 14 días no veciño concello de Xinzo vén de abocalos a un peche total da hostalería e da actividade non esencial. Verín líbrase porque algúns dos casos activos están rexistrados en residencias e a transmisión comunitaria non é tan elevada coma no municipio antelán. 

Apurando as horas para un novo peche de bares e cafeterías en Verín. | FOTO: Noelia Caseiro.
Verín, seguirá, polo momento coas terrazas abertas. | FOTO: Noelia Caseiro.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, vén de facer público o detalle das deliberacións do comité clínico de onte pola tarde. Nel, acordouse o peche da hostalería e da actividade non esencial de Xinzo de Limia, polo alta incidencia de coronavirus no municipio. Esa medida, que se agardaba logo de coñecerse que no cribado da pasada fin de semana foron 70 os novos casos detectados, colocando o número de activos por enriba dos 200; sobrevoaba tamén a vila de Verín porque, na teoría, sobrepasa a incidencia dos 1.000 casos por cada 100.000 habitantes, límite tope para establecer medidas moito máis restritivas. Sen embargo, como así explicou García Comesaña, o caso de Verín é similar ao de "Tui, onde nese concello tamén a incidencia está por enriba dos 1.000 casos por 100.000 habitantes pero un importante número de casos activos están localizados nunha residencia de anciáns, é dicir, descontada esa cifra a incidencia é moito menor". 

Ese foi o criterio que tamén adoptou o comité clínico para non considerar a Verín como vila susceptible dun peche total da hostalería e da actividade non esencial. 

Sanidade salva a Verín do peche da hostalería e da actividade non esencial o día que...