jueves. 18.04.2024
WhatsApp Image 2019-12-16 at 16.01.27(1)
Accidente na estrada OU-1014, á altura de Pazos.

Á 13:10 horas desta mañá, un Peugot 206 conducido por J. C. V. R., de 51 anos saíuse pola marxe esquerda da estrada OU-1014 -á altura de Pazos-, no termo municipal de Verín. Por causas que están sendo investigadas polo equipo de atestados do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín, tras saír da estrada, o vehículo chocou contra un poste de alumeado público, resultando levemente ferida a súa condutora e única ocupante. Ata o lugar do sinistro foi preciso que se achegara un equipo de atestados e unha dotación de bombeiros do parque de Verín.

WhatsApp Image 2019-12-16 at 16.01.27O vehículo sufriu danos por os catro costados. | FOTO: TRÁFICO VERÍN

Dende o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense aconsellan que ante circunstancias meteorolóxicas adversas, tales como choiva intensa ou nevadas que reduzan a adherencia do vehículo sobre a calzada, se diminúa a velocidade para aumentar a seguridade.

WhatsApp Image 2019-12-16 at 16.01.26Foi precisa a intervención dos bombeiros do parque ubicado no polígono industrial de Pazos. | FOTO: TRÁFICO VERÍN

A saída da vía dun vehículo deixa unha ferida leve, en Pazos