miércoles. 24.04.2024
Pato Joyeros, na rúa Maior de Verín.
Pato Joyeros, na rúa Maior de Verín.

Na rúa Maior da vila de Verín veñen de establecerse dous puntos de recollida de enseres para os refuxiados vítimas da guerra que libra Rusia contra o estado ucraíno. 

Unha xoiería e a oficina da Unidade de Acción Pastoral de Verín anunciaron nas últimas horas que calquera cidadán que esté disposto a doar bens de aproveitamento para o colectivo que está a fuxir da barbarie bélica pode entregalos en Pato Joyeros, que actúa en colaboración co punto de recollida da Eurocidade, ou nas oficinas parroquiais, onde será Cáritas quen xestione a súa entrega ao pobo ucraíno. 

Esther Gómez, unha das propietarias, asegurou que "calquera que queira facer unha doazón pode acudir ao noso establecemento coa garantía de que nos encargaremos de transportar todo o que recollamos até as oficinas da Eurocidade. Decidimos colaborar porque entendemos que pode haber xente, sobre todo de idade, que teña bens e intención e non o poda facer por carecer de medios para desprazarse até Feces"

Horarios de recollida

No caso da oficina parroquial, estará dispoñible entre as 11:00 e as 13:00 horas, de luns a venres, e tamén pola tarde no horario de oficios relixiosos, entre as 18:30 e as 20:00 horas

Pato Joyeros está aberto, de luns a venres, entre as 10:00 e as 13:30 horas -de mañá-, e de 16:00 a 20:00 horas, pola tarde. 

O prazo de recollida remata o vindeiro xoves día 10 de marzo

 



Velaí o que as oenegés están a demandar para os refuxiados:

275056343_4919990378094390_3243337466045437625_n
Bens que solicita Cáritas para o pobo ucraíno. 

 

A Rúa de Maior solidariedade: Pato Joyeros e Cáritas recollen bens para Ucraína