jueves. 25.04.2024
Os deputados provinciais do PSdeG de Ourense 'peregrinarán' a Madrid para reivindicar un reparto xusto dos fondos públicos da Deputación.
Os deputados provinciais do PSdeG de Ourense 'peregrinarán' a Madrid para reivindicar un reparto xusto dos fondos públicos da Deputación.

Os deputados e deputadas provinciais do PSdeG-PSOE de Ourense, entre os que se atopa a secretaria local do partido en Verín, Rosario Rodríguez, peregrinarán ata Madrid para esixir un reparto xusto, equitativo e democrático dos fondos públicos da Deputación de Ourense. Coa iniciativa ‘Un millón de pasos por Ourense’ pretenden reclamar o amparo das institucións estatais, co fin de acabar co "reparto caciquil" dos cartos. “Actualmente nove de cada dez euros desta institución acaban en municipios gobernados polo PP a través de acordos a dedo, unha situación anómala e única en todo o Estado”, denuncian.

Os nove cargos socialistas comezarán mañá mércores unha andaina de medio millleiro de quilómetros, en quendas as 24 horas do día, co fin de chegar á capital antes do luns 15 de novembro, xusto antes do Debate do Estado da Provincia. O grupo partirá as 16:00h desde a contorna do Pazo Provincial da capital ourensá e no primeiro tramo estarán acompañados por alcaldes e alcaldesas e outros cargos institucionais do PSdeG-PSOE de Galicia. Durante o percorrido tamén manterán encontros con cargos públicos de Castela e León.

O voceiro do grupo provincial, Rafa Villarino, explicou hoxe que queren dar “visibilidade en todo o Estado para que deixe de estar no anonimato” o modelo “caciquil” que aínda sobrevive nesta institución. “Queremos que as institucións estatais sexan coñecedores dos atropelos que estamos a sufrir. Ourense está farta do que pasa aquí ao igual que os alcaldes, deputados, concelleiros e toda a poboación”.

“Non hai dereito a que a xente, por vivir nun pobo que non sexa da cor política do PP, sexa automaticamente discriminada porque todos e todas teñen dereito a recibir os mesmos fondos”, denunciou Villarino, antes de cualificar o que pasa na Deputación como unha “excepción noxenta” que non sucede nin en Pontevedra, nin en Lugo, ni en Coruña nin no resto de provincias de España.

“Temos un presidente que é incapaz de distribuír os fondos públicos de xeito obxectivo, equilibrado e con criterios compartidos. Somos todos e todas iguais e estamos fartos de ser tratados como se fósemos distintos por non pertencer a unha dinastía ou a un partido político afín a esa dinastía”, proclamou antes de concluír que “estamos fartos do baltarismo".

Deputados socialistas de Ourense camiñarán ata Madrid para esixir que Baltar reparta...