jueves. 25.04.2024
A presidenta da DO Monterrei, Lara Da Silva, con Luis Paadín.
A presidenta da DO Monterrei, Lara Da Silva, con Luis Paadín.

Esta martes, a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei foi testemuña da presentación da Guía de Viños, Adegas e Destilados de Galicia 2022. No acto estiveron presentes a presidenta do Consello, Lara Da Silva, e un dos autores da guía, Luís Paadín. No mesmo presentouse o contido da publicación, na que aparecen referenciadas as 27 adegas de Monterrei. Nesta ocasión, un total de 91 viños obtiveron medalla, dos cales 13 foron Gran Ouro, 15 Ouro +, 45 Ouro e 18 Prata.


Para a realización desta guía, catáronse máis de 1.500 viños e destilados (pertencentes á totalidade das adegas e destilerías amparadas nas DO e IGP galegas). A mesma tamén inclúe histórico de medallas, mapas climáticos e pluviométricos dos últimos catro anos en cada denominación, mapas litolóxicos e de relevo, así como da orixe da uva en base a tres niveis (Zona/Rexión –Concello/Parroquia - Parcela). Tamén conta cun buscador de viños por R.E.N. (Número de Rexistro Embotellador e Envasador) cos nomes das adegas embotelladoras, árbore xenealóxica dalgunhas das principais variedades ancestrais de Galicia e un compendio de harmonías de viños galegos con pratos rexionais de toda España. 

Recoñecemento a 91 viños da DO na "Guía de vinos, destilados y bodegas de Galicia 2022"