O Concello de Verín destinará a recadación íntegra da estrea mundial de "María Solinha" do próximo domingo 21 de xuño no autocine da vila a fins solidarios, concretamente ao apoio ás familias con menos recursos trala crise sanitaria do Covid-19, a través do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas. A primera sesión do autocine de Verín celebrarase no parking central da vila.
A estrea mundial da última película do director galego Ignacio Vilar, "María Solinha", servirá para inaugurar un novo xeito seguro de disfrutar do cine en Verín, mantendo a distancia e totalmente protexidos en cadanseu coche. As entradas poranse á venda proximamente en ataquilla.com e o prezo será de 8 euros, podendo ir os vehículos totalmente ocupados.
A entrada ao parking central de Verín realizarase polo acceso da Avenida de Portugal (fronte ao concello) de xeito único, quedando as restantes habilitadas para saídas de emerxencia e servizos.
As prazas estarán delimitadas con número fixo e as rúas de cada fila demarcadas con sinalización especial.