O PSdeG - PSOE celebrará este domingo a primeira xuntanza provincial do socialismo, que levará por nome "ConMemora" -que alude ás orixes do socialismo en Ourense- na Peroxa, baixo o lema "Olladas de futuro en tempos complexos". Previamente a esta xornada, tamén terá lugar unha reunión da Executiva Provincial no auditorio deste municipio ourensán.
"ConMemora", que dende este domingo terá carácter anual, contará coas intervencións da exministra de Sanidade e actual presidenta da Fundación Pablo Iglesias, María Luisa Carcedo; do secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso; do presidente da Cámara de Chaves, Nuno Vaz; de Roman Minsko, representante do colectivo de refuxiados de Ucrania; do voceiro socialista na Peroxa, Antonio González Fiuza e do secretario provincial do PSdeG - PSOE, Rafa Villarino.
Durante o acto procederase á entrega dos premios "ConMemora" ao compromiso político, á solidariedade, á igualdade, á sustentabilidade e á cooperación internacional. Tamén se formalizará o irmandamento co socialismo de Portugal e se impulsará un recoñecemento ao pobo ucraíno.
A axenda da Xuntanza
- 11:15 horas: Declaracións aos medios. O secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino; o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso; o alcalde de Chaves, Nuno Vaz Ribeiro; e outros cargos socialistas de Ourense e Portugal ofrecen declaracións aos medios sobre un acordo entre os socialistas de Ourense e o norte de Portugal para promover e desenvolver ambos territorios irmáns.
- 11:30 horas: Entrega de premios "ConMemora".
- 12:30 horas: Intervencións.
- Antonio González Fiuza, voceiro do PSdeG-PSOE en A Peroxa.
- Roman Minsko Minsko, representante de Ucraína.
- Nuno Vaz Ribeiro, presidente da cámara municipal de Chaves.
- María Luisa Carcedo Roces, presidenta da Fundación Pablo Iglesias.
- Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG.
- Rafael Rodríguez Villarino, secretario xeral do PSdeG-PSOE de Ourense.
- 13:30 horas: Actuación musical.
- 17:00 horas: Clausura.