jueves. 25.04.2024
Un dos centros na exposición.

Dende a pasada fin de semana, o Museo do Claustro Mercedario acolle as exposicións “A bolboreta monarca” e “Aves de Galicia”, do Centro de Extensión Universitaria e da Xunta de Galicia, respectivamente, dirixidas á comunidade escolar. Dúas clases de ESO de Ribadavia, e outras tantas dos Mercedarios de Verín, sumáronse á de hoxe do Princesa Sofía, co que xa van preto de 200 escolares que visitan a mostra, que permanecerá aberta ata o próximo día 23.
Os centros interesadas en asistir, poderán solicitar unha visita guiada no mail [email protected].

A viaxe migratoria da bolboreta monarca dende Canadá ata México, con máis de 3.500 km de percorrido todos os anos, deixa un curioso fenómeno: traídas polas corrientes altas da atmosfera, algúns exemplares están sendo avistados en Galicia.
“Operación monarca” ofrece aos escolares dos centros de Ourense cuxos profesores o soliciten, a oportunidade de participar no seu avistamento, fotografía e ubicación, e en caso de rexistrarse os suficientes na comarca de Monterrei, de participar nunha posterior exposición no Museo.
Esta actividade permite aos escolares reflexionar sobre a capacidade de adaptación das especies e das consecuencias negativas da intervención do ser humano na natureza, xa que está cambiando os seus ciclos vitais. 


Pola súa parte, a mostra “Aves de Galicia”, realizada pola Xunta, realiza un repaso das principais aves do noso entorno, e será complementada con unidades didácticas para os centros que o soliciten.
Ambas mostras profundizarán na biodiversidade do entorno, e inauguran a realización de actividades de divulgación ambiental na comarca de Monterrei.

Ata 200 nenas e nenos de centros ourensáns visitaron as actividades de divulgación do...