jueves. 18.04.2024
O presidente da Sociedade Galega de Obstreticia e Xinecoloxía considera que son decisións políticas e afirma que "no vamos a entrar en su juego"

Casimiro Obispo: "El Sergas no tiene en consideración a las sociedades científicas para la toma de decisiones"

"Si decidimos cerrar un hospital con 60 partos, ¿cuándo cerramos todos? ¿Dónde ponemos el corte?", declara Casimiro Obispo. O presidente da SGOX considera que se poden por en marcha outro tipo de solucións antes do peche. Dende a Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía apoian ós xinecólogos de Verín ante o ataque sufrido: "No hay ninguna razón médica que justifique que el cuestionamiento de la profesionalidad de los compañeros de Verín sea el motivo".

gine
O doutor Casimiro Obispo, presidente da Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía. | FOTO: SGOX.

O peche do paridoiro de Verín e das Urxencias Pediátricas, entre outros servizos, segue revolucionando á sociedade galega, ós profesionais sanitarios, ás plataformas sociais e ás sociedades científicas. Hoxe mesmo, dende a Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía (SGOX) mostran o seu claro e contundente apoio ós xinecólogos do Hospital de Verín. "Nosotros estamos apoyando a nuestros compañeros de Verín porque han puesto en duda su profesionalidad y los han situado a los pies de los caballos. Si algo sale mal, van a decir: es que en Verín ya lo hacían mal".

O posicionamento da SGOX vén motivado por mor das moitas declaracións verquidas nestes días contra os profesionais do Servizo de Xinecoloxía de Verín. "Se ha dudado de la profesionalidad de los compañeros de Verín; los compañeros de Verín han trabajado perfectamente y muy bien, los datos que tienen allí son buenos", referíndose ó traballo realizado ó longo dos anos por Javier Castrillo, Rogelio Viñán e Sonia García. Declaracións que coinciden co claro sentir das embarazadas da bisbarra de Verín que, dende o comezo desta crise, veñen apoiando tanto ós xinecólogos como as matronas que traballan no Hospital de Verín.

Cada un conta a súa versión, e así o expresa o presidente da SGOX, Casimiro Obispo. Cando recibiu a chamada de José Luis Doval explicando os seus motivos para o peche pareceulle razoable, posto que estaba a contarlle unha versión sesgada baseada somentes en datos. "Con esos datos, personalmente no parecía mal el cierre".

Nembargantes, Casimiro Obispo é dos que non toma unha decisión sen escoitar todas as partes afectadas e todas as versións; é por iso que, logo de escoitar a José Luis Doval, decide falar con Javier Castrillo, xefe do Servizo de Xinecoloxía do Hospital de Verín. Logo de escoitar os razoamentos expostos polo doutor Castrillo, o presidente da SGOX xa ten unha opinión clara: "Me parece mucho más razonable lo que dice Javier que lo que dice Doval".

Me parece totalmente injusto lo que se ha hecho con los ginecólogos de Verín (Casimiro Obispo)

Este é un tema moi complexo que ten moitos intereses polo medio. É por iso que dende a Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía se toma a determinación de realizar un comunicado de apoio ós compañeiros de Verín. "Yo entiendo las razones por las que el Hospital de Ourense quiere coger los partos de Verín; no hay ninguna razón médica que justifique que el cuestionamiento de la profesionalidad de los ginecólogos de Verín sea el motivo. Son cuestiones políticas en las que la Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía no puede entrar", declaraba esta mesma mañá Casimiro Obispo.

Utilización das sociedades científicas

Tamén queren deixar claro dende a SGOX que con eles non contaron para tomar ningunha decisión. "A nosotros nunca nos han preguntado la razón de si cerramos o no cerramos", continuaba Casimiro Obispo. Dende a Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía non queren entrar na cuestión de pechar ou non o servizo do paridoiro. "El cerrar o no cerrar no vamos a entrar a valorarlo porque eso es algo que quienes tienen que tomar las decisiones son los dueños del sistema, que somos nosotros, la sociedad", afirma contundente o presidente da SGOX.

Casimiro Obispo deixa claro que "La Xunta de Galicia toma decisiones sin contar con las sociedades científicas, o toma decisiones con sociedades científicas que la apoyan". Como xa afirmaron nestes días numerosos profesionais médicos, se somentes se teñen en conta os números dos que se falan no famoso estudio utilizado como excusa para pechar o paridoiro de Verín, aqueles 600 partos, habería que pechar todos os hospitais, incluídos moitos privados.

Si decidimos cerrar un hospital con 60 partos, ¿cuando cerramos todos? ¿dónde ponemos el corte?, pregúntase Casimiro Obispo

Neste sentido, a Organización Mundial da Saúde xa declaraba hai tempo que "O parto normal non é unha enfermidade,e ten que ser cerca da casa e da familia". É por iso que xa onte o voceiro da Plataforma de Defensa da Sanidade Pública de Compostela, Xosé Dios, afirmaba que "O peche do paridoiro de Verín ten un único criterio, o economicista".

Hai que tomar outras medidas antes do peche

A valoración da SGOX, seguindo a mesma liña que outros profesionais médicos, é que se poden tomar outro tipo de medidas e solucións antes de declarar o peche dun servizo. Moito máis se temos en conta o territorio que cubre o Hospital de Verín. Na reunión mantida onte no Auditorio de Verín, á que asistiron membros das diversas plataformas de Defensa da Sanidade Pública de Galicia, o voceiro da Plataforma de Ourense afirmaba que: "O problema vén de moi vello. Vai moitos anos que hai falta de planeamento e de anticipación de problemas en función da situación demográfica e xeográfica que temos no país".

637115146501854760wAsamblea das Plataformas de Defensa da Sanidade Pública Galega no Auditorio de Verín onte á tarde, ante o peche de servizos no Hospital de Verín. FOTO: EFE / BRAIS LORENZO

Rogelio Viñan, xinecólogo do Hospital de Verín, leva subliñando este tema dende o comezo da crise. Recibido cun gran aplauso polos máis de 500 asistentes á reunión de onte, declaraba que: "España non ten plan sanitario dende hai anos. A taxa de reposición de médicos é de 2.000 ó ano, cando en cinco anos se xubilarán 25.000. Se seguimos así, no ano 2050 non haberá sanidade".

La razón de fondo de que cierren Verín es la falta de pediatras. (Casimiro Obispo, presidente da SGOX)

Este falta de planificación é un dos grandes problemas que existe no eido da sanidade española dende hai moitos anos, e todos os profesionais acusan ós políticos de crear este problema por non preocuparse do futuro da Sanidade Pública e fomentar a privatización. María José, voceira da Plataforma de Defensa da Sanidade Pública de Compostela, xa declaraba onte: "Isto é un problema do PP e do PSOE. Queren pechar servizos comarcais, recentralizar e privatizar. Rubial é o brazo executor".

Neste sentido, esta mañá, Casimiro Obispo afirmaba: "No vamos a entrar al juego de ningún partido político. La culpa de todo esto es la falta de pediatras, y los que organizaron todo esto fueron los del PSOE, cuando se cargaron todo el sistema MIR. Están recogiendo lo que sembraron hace años y lo pagamos nosotros".

Dende a Plataforma de Defensa da Sanidade Pública do Barbanza tamén apostan por esta liña: "Nos están matando cunha morte doce. Van destruíndo pouco a pouco e o tema do paridoiro foi o detonante. Fai 20 anos que xa non había interese en manter os servizos. Non hai pediatras porque non querían que houbese".

Casimiro Obispo: "El Sergas no tiene en consideración a las sociedades científicas para...