domingo. 19.07.2026
Barbadás e Toén completan as sedes da competición

A Revolta Irmandiña impulsa a Liga de OCR Aurum Terrae

Presentación oficial da Aurum Terrae Liga OCR Deputación de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Presentación oficial da Aurum Terrae Liga OCR Deputación de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Ourense contará neste 2026 cun proxecto deportivo pioneiro que nace para dar estrutura e fortalecer as carreiras de obstáculos no territorio. A Aurum Terrae Liga OCR Deputación de Ourense foi presentada esta mañá nun acto que reuniu a representantes da Deputación, a Xunta de Galicia e os responsables das tres probas que integran este novo circuíto común: a Cavernícola Race de Barbadás, a Revolta Irmandiña de Verín-Monterrei e a Uros Race de Toén.

A iniciativa busca conectar estas competicións xa consolidadas nun marco compartido que prevé superar os 1.500 atletas participantes. O calendario oficial arrancará o 9 de maio en Barbadás, continuará o 14 de xuño na Revolta Irmandiña e pecharase o 13 de setembro en Toén. Para formar parte da clasificación xeral desta liga, que será de inscrición gratuíta, os deportistas deberán inscribirse individualmente en cada unha das tres citas e marcar a opción específica habilitada para a competición conxunta.

Máis alá do puramente competitivo, a Aurum Terrae nace con vocación de motor turístico e de lecer. Os premiosestarán vinculados a experiencias de benestar, deporte e gastronomía no propio territorio ourensán, co obxectivo de fomentar o retorno económico e que os participantes e acompañantes descubran os recursos naturais e patrimoniaisde cada zona. A organización destaca que o formato OCR é unha práctica social accesible, que permite integrar a actividade física na natureza como un plan atractivo para todo tipo de públicos.

A Revolta Irmandiña impulsa a Liga de OCR Aurum Terrae