
Os días 5, 6 e 7 de abril os verinenses poderán desfrutar da festividade do Lázaro, coas diversas actividades para todos os públicos que terán lugar.
Coma todos os anos haberá o esperado túnel do viño da D.O Monterrei, así como a Feira de Artesanía e a Feira do Libro, pero tamén hai novidades, como as dúas exposicións no Museo Claustro Mercedario, o I Intercambio fronterizo entre a Asociación Cultural Candaira e o Rancho Folclórico Os Campoenses de Arosa (Portugal), unha mostra de vehículos de ocasión ou as xornadas temáticas sobre plantas medicinais e recuperación de oficios tradicionais.
Nestas datas tamén haberá actuacións musicais coma as do grupo Candaira ou da Banda de Gaitas de Verín para amenizar as xornadas.
Diego Lourenzo, tenente de alcalde de Verín e Purificación Caldelas, concelleira de Turismo e Comercio quixeron recalcar o xiro dado a estas festas para volver recuperar o seu 'pasado esplendor' e as máis de 30 actividades lúdicas que estarán presentes ao longo dos sías en diferentes puntos da vila.
Pola súa parte, a Asociación de Hosteleiros da Comarca de Verín fará un 'menú especial Lázaro', cuxo prexo oscilará entre os 10 e os 35 euros durante as dúas xornadas da Feira do Lázaro.
PROGRAMA COMPLETO DA FEIRA DO LÁZARO DE VERÍN
6 e 7 de abril
FEIRA AGRO+VERÍN
Pavillón Municipal de Verín
Horario: Sábado e domingo de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
Inauguración oficial: Sábado 6, ás 12:00 h.
Para as actividades será necesario inscribirse previamente no correo electrónico [email protected] ou nos teléfonos 988989508, 988417232, 640687331 ou no stand situado no Pavillón Municipal
6 e 7 de abril
TÚNEL DO VIÑO DA D.O MONTERREI
Horarios: de 12:00 a 14:00 h e de 18:00 a 20:00 h, coa presenza da Sumiller Marina Cruces.
Os tickets mercaranse no stand do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei ou nas súas oficinas os días anteriores á feira.
EXPOSICIÓN DE PLANTAS MEDICINAIS
Con visitas guiadas, charlas visuais, vídeos sobre etnobotánica, saída a campo e obradoiros infantís.
Sábado 6, de 16:30 a 18:00 h, OBRADOIRO DE COCIÑA TERAPÉUTICA (SUSTINEA).
De 18:30 a 20:00 h, OBRADOIRO DE COCTELERÍA ECOLÓXICA (ALICORNIO).
XORNADA DE RECUPERACIÓN DE OFICIOS TRADICIONAIS
Domingo 7, ás 11:30 h OLERÍA DO BATÁN e ás 16:30 h CHARLA SOBRE CESTERÍA TRADICIONAL, FUSIÓN CO TEXTIL... E OBRADOIRO DE ESCULTURA CON TÉCNICAS ARTESANAIS.
ACTIVIDADES PEDAGÓXICAS INFANTÍS (6 e 7 de abril)
Pavillón Municipal de Verín
Actividades lúdicas e educativas durante todo o horario de apertura do pavillón.
EXPOSICIÓN DE VEHÍCULOS DE OCASIÓN (6 e 7 de abril)
Rúa Irmáns Moreno
Horario: Sábado e domingo de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
IV EDICIÓN ESPECIAL DEPORTES
Sábado, 6 de abril
TORNEO DE NATACIÓN
Piscina climatizada de Verín
Horario, 17:00 h.
TORNEO PITCH & PUTT 2019
Instalacións de Pitch & Putt, Os Remedios
Para participar no campionato será mecesario inscribirse a través dos teléfonos 608887035, 609824943 ou ao correo [email protected]
PRESENTACIÓN DO EQUIPO CICLISTA "BICICLETAS CHINQUENA RACING TEAM"
Pavillón de deportes de Verín, ás 17:00 h
PARTIDO DE VETERANOS DE FÚTBOL ENTRE OS EQUIPOS A.D VETERANOS VERÍN - G.D. CHAVES
Complexo Deportivo de A Granxa, ás 20:00 h
Horario, 17:00 h.
Domingo, 7 de abril
BTT DO LÁZARO “XII BTT VAL DE MONTERREI”
Praza García Barbón, ás 9:30 h.
Para poder participar será necesario inscribirse no portal SPORTMANIACS.
FEIRA DE ARTESANÍA (5, 6 e 7 abril)
Pavillón Municipal
Inauguración oficial: 5 de abril ás 19:30 h.
Horario: venres de 18:00 a 21:00 h, sábado de 10:30 a 14:00 h e de 16:30 a 20:30, e domingo de 10:30 a 14:00 h e de 16:30 a 20:00.
FEIRA DO LIBRO
Praza da Mercé
Inauguración oficial: 5 de abril ás 19:30 h
Horario: venres de 18:00 a 21:00 h, sábado de 10:30 a 14:00 h e de 16:30 a 20:30, e domingo de 10:30 a 14:00 h e de 16:30 a 20:00.
MUSEO CLAUSTRO MERCEDARIO –MCM- (5, 6 e 7 de abril)
Claustro dos Padres Mercedarios
Horarios: venres de 19:00 a 22:00 h, sábado de 100:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 h.
ACTUACIÓNS MUSICAIS (5, 6 e 7 de abril)
VENRES 5
Praza da Mercé
Banda de Gaitas de Verín ás 19:30 h (Inauguración da Feira do Libro e de Artesanía)
SÁBADO 6
Pavillón de Deportes de Verín e Pasarrúas
Charanga da Asociación Cultural Candaira (Inauguración Feira Agro+Verín)
Praza García Barbón
Grupo Alkar, primeiro pase ás 21:30 h e segundo pase ás 00:30 h
DOMINGO 7
Ao longo da mañá: pasarrúas da Banda Musical de Vilaverde da Raia e misa e procesión en honor a San Lázaro
Praza García Barbón
Ás 18:00 h, Intercambio da Asociación Cultural Candaira co Rancho Folclórico Os Camponeses de Arosa (Portugal), desfile desde a Casa da Cultura ata a Praza García Barbón e á chegada actuación musical de ambas agrupacións.
Ás 19:30 h Orquestra Royal Espectáculo