
O vindeiro 7 de xullo terá lugar a 9ª Concentración de Vespas Lambrettas e motos clásicas de Verín, organizada polo Club Vespa Verín en colaboración co Concello de Verín.
Esta edición contará cun paseo turístico a lugares coma os balnearios e outros de interese da zona, con saída desde a Praza García Barbón ás 11:00 h.
As persoas que participen terán un pincho e consumición nas paradas que fagan no itinerario do paseo e o sábado, os participantes desfrutarán dunha comida nun restaurante da vila ás 14:00 h, onde haberá tamén un sorteo de regalos e entrega de premios aos asistentes.
O prezo das inscricións é de 20 euros, podendo realizarse os pagamentos de diferentes modos: ben facendo unha inscrición e pagamento previos ao 7 de xullo na conta de ABANCA ES 48 2080 5168 1630 4001 9559 ou inscribíndose e pagando o propio día da concentración a partir das 9:30 h. Toda a información precisa poderá obterse no teléfono 669.894.046.