sábado. 20.04.2024
A marcha en automóbil dos hostaleiros verinenses arrincou do Campo da Feira. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
A marcha en automóbil dos hostaleiros verinenses arrincou do Campo da Feira. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Non foi tan secundada coma a primeira das convocatorias polas rúas de Verín e a pé, pero si que se deixaron ouvir os trinta propietarios de bares e cafeterías da vila que esta mesma mañá, dende as 11:30 horas, percorreron grande parte das rúas facendo soar as bucinas dos seus automóbiles a unha velocidade máis que reducida. 

Os propios organizadores da marcha agardaban que fosen máis os que secundaran a protesta desta mañá, considerando o amplo respaldo que tivo a do pasado martes polas principais rúas da vila logo de se concentraren diante do Concello de Verín. Malia todo, pasadas as 11:30 horas deste luns 16 de novembro, arrincaba unha lenta caravana de automóbiles pola rúas San Antón, Avenida de Sousas, Luis Espada, Avenida de Portugal, Constitución, Estrada de Cabreiroá, Deputación, Irmáns Fernández Álvarez, rúa Muralla e Alameda, onde rematou a instancias da Garda Civil, que recomendoulle á organización que desistisen de seguir ralentizando o tráfico cunha convocatoria que, oficialmente, non estaba autorizada. 

A marcha en automóbil dos hostaleiros verinenses arrincou do Campo da Feira. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.A Garda Civil instou aos manifestantes, na praza da Alameda, a que rematasen a marcha que non tiñan autorizada. | FOTO: Xosé Lois Colmenero. 

Unha vez máis deixouse ouvir a protesta dun sector que permanece -na súa maioría- totalmente pechado dende fai xa máis dun mes, cando o día 13 de outubro decidiron, de xeito pactado coa autoridade municipal, iniciar un peche voluntario que máis tarde se convertiría en forzoso logo do decreto da Xunta de Galicia. 

Moitos dos que participaron esta mañá na protesta aseguraban que "non podemos aturar moito máis esta situación, sobre todo cando vemos que xente que antes consumía en Verín agora atópala nos bares da contorna", dicía un dos convocantes. Outro ía moito máis alá: "Agardo a que pronto podamos volver á actividade, os casos en Verín xa son os mesmos que os da Rúa ou o Barco, onde os bares están abertos. Se non nos deixan abrir, eu abrirei igual e que me multen".

Nova protesta do sector da hostalería en Verín, cunha mensaxe: "Ou nos deixan abrir ou...