martes 28/09/21
Do 23 de agosto ao 3 de setembro

NOTICIAS VIANA | Aberto o prazo de solicitudes para entrar na bolsa de interinos administrativos

Concello de Viana. I FOTO: Iván Iglesias.
Concello de Viana. I FOTO: Iván Iglesias.

O Concello de Viana do Bolo vén de anunciar a creación dunha bolsa de emprego correspondente á categoría de administrativos da Administración Xeral, coa finalidade de prover tanto vacantes como substitucións transitorias dos seus titulares ou outras necesidades temporais de prazas.

O prazo de solicitudes é de dez días hábiles, contando a partir de hoxe, día no que se fixo público no Boletín Oficial da Provincia, por tanto, as candidaturas serán recibidas entre o 23 de agosto e o 3 de setembro, ambos inclusive. Deberán ser presentadas ben de maneira presencial na casa consistorial ou ben de xeito telemático a través do rexistro electrónico xeral da sede electrónica do Concello.

As probas

A selección constará de dúas fases e trátase, por tanto, dun concurso-oposición. Unha previa, de valoración de méritos, (cuxo baremo se pode consultar na páxina web do consistorio) seguida por unha práctica, cuxo temario pode ser consultado nas bases. Os documentos acreditativos dos méritos de cada aspirante terán que ser adxuntados no momento da solicitude. Unha vez valorados, terá lugar a proba práctica, relacionada de xeito directo cos cometidos propios do posto de oficial de Administración para o que se ofertan as prazas. 

NOTICIAS VIANA | Aberto o prazo de solicitudes para entrar na bolsa de interinos...
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade