domingo. 19.07.2026
O mercado navideño instalarase na Praza Maior do 6 ao 8 de decembro

NOTICIAS VERÍN | O Concello abre o prazo para participar na Feira de Nadal de Verín

IMG_5278 Feira de Nadal de Verín_ambiente nocturno FOTO: Concello de Verín
Ambiente nocturno no mercado de Nadal de Verín o ano pasado. | FOTO: Concello de Verín.

O Concello de Verín comeza cos preparativos da Feira de Nadal abrindo o prazo para a inscrición das casetas no mercado navideño que, este ano, se celebrará dende o 6 ao 8 de decembro na Praza Maior da vila, coincidindo coa ponte festiva. Na pasada edición participaron 27 postos e numerosas persoas asistiron aos diferentes actos que alí se celebraron.

A intención é crear un ambiente navideño para gozar das festas en familia e, ao tempo, apoiar ao comercio e ás pequenas empresas da bisbarra fomentando o consumo de produtos locais. Artesanía e alimentación serán as protagonistas dun mercado de Nadal que abrirá o venres día 6 pola tarde con decoracións que levarán as festas navideñas á rúa.

Condicións de participación

Produtos e decoracións deberán estar aliñados coas festividades. Cada caseta aportará a súa creatividade en forma de cestas de Nadal, envoltorios temáticos, luces e outros elementos decorativos característicos da tempada navideña, podendo complementar cada proposta con produtos típicos desta época.
 

A inscrición está aberta para casetas de artesanía e alimentación ata o día 12 de novembro de 2024. As persoas interesadas en participar na Feira de Nadal deben cumprir cos requisitos estipulados nas bases de inscrición e presentar a súa solicitude a través da sede electrónica do Concello de Verín.

NOTICIAS VERÍN | O Concello abre o prazo para participar na Feira de Nadal de Verín