lunes. 29.04.2024
Unha das actividades da pasada feira do Lázaro 2023.
Unha das actividades da pasada feira do Lázaro 2023.

O Concello de Verín vén de presentar o programa oficial de actividades para o Lázaro 2024, que terá lugar os días 16 e 17 de marzo. Este ano, o ente municipal celebra a súa tradicional festa patronal ofrecendo un amplo abano de propostas enfocadas a todos os públicos.

Como vén sendo habitual nestas celebracións, o Concello presenta un concepto de "Lázaro Multicartel" no que veciños e visitantes poderán desfrutar dunha completa fin de semana con máis dunha vintena de actividades, distribuídas por toda a vila, e pensadas para todos os segmentos de público e todas as idades.

Feira de artesanía e alimentación, actuacións musicais, natación, fútbol, actividades de lecer para todas as idades, ludoteca e carrusel infantil, charlas e obradoiros, unha mostra de vehículos novos e de ocasión, concurso de pinchos e os tradicionais actos relixiosos conforman a oferta preparada polo Concello de Verín para esta nova edición do Lázaro.

Este ano, no eido dos deportes, celebraranse o sábado 16 de marzo os seguintes eventos: ás 10:30 horas, o Torneo das Escolas Deportivas de Natación na Piscina Climatizada de Verín (participan: Club Natación Verín, Piscina Climatizada de Allariz, Piscina Climatizada de Xinzo, Flavitus Nataçao Clube, Nataçao C. Chaves, Club Escualos de Ourense) e o partido de veteranos de fútbol entre o A. D. Veteranos Verín e o G. D. Chaves, no Complexo Deportivo de A Granxa, ás 17:30 horas.

Por outra banda, durante os días 16 e 17 de marzo haberá una completa feira de mostras de artesanía e alimentación, ubicada no Pavillón Municipal de Deportes de Verín e repleta de actividades variadas como obradoiros, cata e maridaxe de viños, ambientación musical ou catas de produtos de alimentación.

Viños da D. O. Monterrei, olaría, cestería, coiro, porcelana, cerámica decorativa, xoiaría en prata, traballos en fieltro, roupa artesá, coitelaría, alfarería, instrumentos musicais, xabóns artesanais, artigos personalizados, pintura, serán algúns dos sectores e produtos que poderemos encontrar nos máis de medio cento de expositores que participan este ano na feira.

Este ano, como novidade, a área de Feiras do Concello de Verín organizará a primeira edición do concurso gastronómico "Pincha no Lázaro". Do 14 ao 16 de marzo, tanto veciños como visitantes terán a oportunidade de converterse en críticos gastronómicos e elixir o seu pincho favorito. Ademais, os participantes optarán a un bono de 100€ para desfrutar en calquera dos establecementos de hostalería que participen no concurso.

Tamén en primicia instalarase na Praza García Barbón un divertido carrusel infantil, os días 16, 17 e dende o 22 ata o 31 de marzo. O horario de apertura será de 11:30 a 14:30 horas e, pola tarde, de 16:30 a 20:30 horas.

Non faltará no Pavillón municipal a ludoteca infantil. Durante as dúas xornadas da feira, realizaranse actividades destinadas aos máis cativos e cativas nas que poderán levar a cabo distintos xogos e manualidades. Para complementar o programa, este ano volverá a asentarse na rúa Irmáns Moreno unha mostra de vehículos novos e de ocasión, na que poderemos ver diferentes marcas como Fiat, Kia, Seat, MG, Dacia, Renault, Volkswagen, Peugeot, etc..

Segundo explicou a concelleira de Festexos, Cultura, Turismo e Conservatorio, Samanta Barreira, "no que actividades musicais e culturais se refire, manterase a liña de programación das anteriores edicións ofrecendo unha completa oferta de propostas pensadas para todos os segmentos de público".

Deste xeito, a programación musical arrinca o sábado 16 de marzo, coa participación da Banda de Gaitas do Concello de Verín no acto inaugural da feira, ás 11:15 horas. Pola tarde, a animación musical no recinto feiral correrá a cargo da Banda de Música de Verín, a partir das 16:45 horas. Ás 17:30 horas, a praza da Mercé será o escenario da terceira edición do Festival de Bandas de Música "Vila de Verín", que contará coa participación da Banda de música de San Ciprián das Viñas, O Porriño e Verín. Por outra banda, a Praza García Barbón acollerá a actuación da Grupo Claxxon, das 00:30 ás 3:30 da madrugada do domingo.

Xa o domingo 17 de marzo, ás 11:00 horas, contaremos con animación musical a cargo dos alumnos do Conservatorio Profesional de Verín no recinto feiral. Ás 12:00 horas, na Praza García Barbón, e ás 13:00 h na rúa Irmáns Moreno contaremos cunha sesión vermú a cargo da Charanga Fuego. Ás 17:00 horas, música tradicional e, para rematar -a partir das 19:00 horas-, a Orquestra Fania Blanco Show pechará a programación musical do Lázaro na Praza García Barbón.

Por último, tamén o domingo, ás 12:00 horas, celebrarase a tradicional misa do Lázaro na Igrexa Parroquial de Santa María a Maior, coa Coral de Verín. Ao rematar o acto relixioso haberá unha procesión ata San Lázaro, que contará coa participación da Banda de Gaitas do Concello de Verín.

A programación, ao detalle

 

SÁBADO 16 DE MARZO

Mañá

11.00 horas: APERTURA DO RECINTO FEIRAL

11.15 horas: INAUGURACIÓN OFICIAL

11:45 a 12:30 horas: CATA DE QUEIXOS DE CABRA CONFITADOS DE QUEIXERÍA GAIA

A cargo do Mestre dos Queixos Iván Cubillas. Entrada libre e gratuíta.

13:00 a 14:15 horas: SABORES CON SOSTIBILIDADE. UNHA VIAXE SENSORIAL COS VIÑOS DA D.O. MONTERREI

Impartida por Miguel López, director técnico do CRDO Monterrei, e Begoña Vázquez. É preciso a inscrición no correo electrónico [email protected] ou no número de teléfono 687 584 342.

Tarde

16.30 horas: APERTURA RECINTO FEIRAL

16:30 A 17:30 horas: OBRADOIRO DE PULSEIRAS

Impartido por Pato Joyeros

- Idade: menores a partir de 6 anos

- Inscricións: No propio establecemento Pato Joyeros, e durante a feira no seu stand Cousas das Pato

17:30 A 18:30 horas: SHOWCOOKING - MERENDA BIOSAUDABLE (bolachas e zumes)

Impartido por Puri Caldelas e Juan Matías, de Baronceli

- Para todas as idades. Os menores deberán estar acompañados dun adulto.

- Inscricións: Na Tenda física ‘Asubío’  e durante a feira nos stands Asubío ou Baronceli.

18:30 A 19:15 horas: OBRADOIRO DE CORTE DE CECINA

Impartido por Alacena Productos Delicatessen de Puebla de Sanabria.

Entrada libre e gratuíta.

19:15 A 20:15 horas: OBRADOIRO - PORTALÁPICES DE FIELTRO

Impartido por Gema Zarraquiños, de artesanía Arianrhod.

- Idades: a partir de 6 anos. Os menores deben ir acompañdos dun adulto.

- Inscricións: previa, no mail [email protected] ou no teléfono 653 857 347. Tamén se pode formalizar durante a feira no stand de artesanía Arianrhod.

 

DOMINGO 17 DE MARZO

Mañá

11.00 horas: APERTURA RECINTO FEIRAL

11:00 a 12:00 horas: CATA DE QUEIXOS DE CABRA CONFITADOS DE QUEIXERÍA GAIA

A cargo do Mestre dos Queixos Iván Cubillas. Entrada libre e gratuíta.

12:30 A 13:45 horas: CATA DOCE DE MONTERREI

Impartida por Natalia González, secretaria - técnica de promoción do CRDO Monterrei, e Begoña Vázquez.

- Inscricións: [email protected] ou no número de teléfono 687 584 342.

Tarde

16:30 horas: APERTURA RECINTO FEIRAL

16:30 A 17:30 horas: OBRADOIRO GUIRNALDAS CON APROVEITAMENTO DE TECIDOS. Impartido por Elena, de Tarde Piache.

- Para adultos.

- Inscricións: No propio establecemento Pato Joyeros, por Instagram na conta (o_monstro_das_coxegas) e durante a feira nos stands Cousas das Pato e Tarde Piache.

18:00 a 19:00 horas: OBRADOIRO DE XOIERÍA TÉXTIL

Impartido por Carmecas

- Para adultos

- Prezo: 8€

- Inscricións: 628 591 699 ou [email protected]

19:30 horas: ENTREGA PREMIO MELLOR STAND E DIPLOMAS PARTICIPACIÓN

19:45 horas: SORTEOS "PINCHO LÁZARO"

Mellor pincho elaborado polos establecementos hostaleiros e premio entre os participantes do primeiro concurso "Pincha no Lázaro".

20:00 horas: PECHE RECINTO FEIRAL

PROGRAMACIÓN CULTURAL

SÁBADO 16

11:15 horas: INAUGURACIÓN RECINTO FEIRAL COA COLABORACIÓN DA BANDA DE GAITAS DO CONCELLO DE VERÍN

16:45 horas: Percorrido Recinto Feiral da Banda de Música de Verín

17:00 horas: PASARRÚAS Bandas III Festival de Música

17:30 horas: III FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA VILA DE VERÍN

Praza da Mercé

Participan: Bandas de Música de San Ciprián de Viñas, O Porriño e Verín. No caso de inclemencias meteorolóxicas o evento trasladaráse ao Auditorio.

23:59 horas: ESPECTÁCULO DE FOGOS DE ARTIFICIO

Parque de Fontenova

00:30 horas a 3:30 horas: GRUPO CLAXXON

Praza García Barbón

DOMINGO 17

11:00 horas: ACTIVIDADE MUSICAL CONSERVATORIO DE MÚSICA DE VERÍN

12:00 horas: SESIÓN VERMÚ A CARGO DA CHARANGA FUEGO

De 12:00 a 13:00 horas: Praza García Barbón.

De 13:00 a 14:00 horas: Rúa Irmáns Moreno (altura Pavillón).

17:00 horas: ACTUACIÓN CANDAIRA

Recinto Feiral e Rúa Irmáns Moreno.

19:00 horas: ORQUESTA FANIA BLANCO SHOW

Praza García Barbón

NOTICIAS VERÍN | Velaquí a completa programación da Feira do Lázaro 2024