sábado. 27.04.2024
O verinense Emilio González Afonso presidiu este mércores a Xunta da Seguridade Cidadá. | FOTO: Noelia Caseiro.
O verinense Emilio González Afonso presidiu este mércores a Xunta da Seguridade Cidadá. | FOTO: Noelia Caseiro.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, copresidiron este mércores a reunión da Xunta Local de Seguridade na que se realizou unha análise da seguridade cidadá, e se estudaron as medidas do Plan de autoprotección do Entroido dada a relevancia, formando parte do triángulo máxico do entroido, e proximidade desta festividade que dará o seu comezo o próximo 1 de febreiro.

En canto á seguridade cidadá, Emilio González aproveitou para felicitar a labor da Comandancia de Verín durante o último ano, resaltando o importante esclarecemento de delitos en máis do 40% e o desmantelamento da banda criminal que durante meses adicouse a robar cable de cobre por toda la provincia.


Entroido video vixiado
 

No tocante ao Entroido, o Subdelegado solicita que se siga mantendo o mesmo clima de seguridade que se levou a cabo nos últimos anos para o cal melloraranse os accesos e as medidas de seguridade nas prazas para que os verinenses poidan desfrutar do verdadeiro espírito do Entroido sen incidentes. E anuncia que se porá especial atención e prevención na convocatoria do pre-entroido.

Así mesmo solicitou a máxima colaboración doutras administracións, en especial da Xunta de Galicia, coa policía autonómica; así como a colaboración cidadá para o correcto desenvolvemento destes días de festas dado as grandes aglomeracións que se esperan.


Para unha maior seguridade e información, o xoves de comadres haberá cámaras de vídeo vixiancia sumadas ás cámaras da Axega. Esta seguridade reforzarase coa axuda de Protección Civil e as forzas e corpos de seguridade do Estado dende o domingo corredoiro ata o fin do entroido.

Pola súa banda, o alcalde, Gerardo Seoane, explicou as medidas do “plan de autoprotección” realizado polo Concello e as forzas de seguridade e que extenderanse durante todos os días de entroido.

Esta é a segunda das tres Xuntas de seguridade que o subdelegado presidirá nas próximas semanas. Nos vindeiros días celebrarase en Viana do Bolo, cubrindo e analizando as medidas de proteccións que se levarán a cabo nas grandes vilas do Entroido.
 

NOTICIAS VERÍN | Cámaras de vídeo vixiancia para unhas Comadres sen excesos