jueves. 02.05.2024
compostador
Os composteiros axilizan o proceso de transformación en abono dos residuos orgánicos.

O Concello de Verín súmase á campaña para promover a compostaxe nos fogares como método clave para a redución do lixo no municipio. Unha autoxestión dos residuos orgánicos xerados que fomenta o seu aproveitamento como abono. O que se veu facendo toda a vida nas hortas das casas.

Nos núcleos urbáns, os restos orgánicos representan, aproximadamente, a metade dos residuos xerados nos fogares. Ademais do desperdicio que significa, a súa xestión supón un importante impacto a nivel medio ambiental e económico. Co fin de virar ista situación e promover a sustentabilidade, o Concello de Verín pón en marcha a campaña de compostaxe doméstica.

A iniciativa comeza dirixíndose á veciñanza que dispoña dun pequeno terreo, horta ou xardín, co obxectivo de implicala na autoxestión dos seus propios residuos orgánicos. Para elo, o Concello de Verín proporcionará composteiros de balde e asesoramento.

campaña compostaxe verín 2024

Grazas á compostaxe doméstica, redúcese a pegada de carbono, póñense en valor os residuos do fogar e obtense un excelente abono. Para poder participar na iniciativa, será necesario anotarse no propio Concello de Verín; ben de xeito presencial, ben a través do formulario web.

Unha vez pechadas as colicitudes de composteiros, haberá unha xornada formativa na que se fará a entrega de todo o material necesario. A iniciativa tamén incluirá un seguimento ao longo do ano 2024.

NOTICIAS VERÍN | O Concello promove a compostaxe doméstica para reducir o lixo