Martes. 27.02.2024
exposición castelao

Entre o 18 de outubro e o 18 de novembro, os veciños e veciñas do Concello de Verín poderán desfrutar da mostra “Castelao Grafista (Facsímile)”. O horario de visita da mesma será de martes a sábado, de 17:30 a 21:00 horas na Sala de Exposicións do propio Concello. 

A citada exposición, que será de carácter gratuíto, reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas dá vida de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA; tamén obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares. Así mesmo, poderase gozar de 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademais, poderase ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.

Caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña, 1886 – Buenos Aires, 1950) constitúe o foco desta exposición que reúne unha ampla selección das súas múltiples facetas. Con este proxecto de difusión internacional, divulgamos a obra e o pensamento dun dos creadores galegos máis singulares, en países dos cinco continentes ao longo dos últimos anos. Agora, dentro do programa CORRENTE CULTURAL, Afundación leva a cada punto da nosa xeografía para que toda a poboación sexa coñecedora e goce das súas creacións e das súas inmensas achegas á nosa historia máis recente.

Esta mostra enmárcase en CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). Accede e colabora doando algún alimento non perecedoiro que irá destinado ao banco de alimentos local.

Organizada pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia – Xunta de Galicia, a exposición “Castelao grafista (facsímile)” é o proxecto máis ambicioso para dar a coñecer e difundir a obra e o pensamento de Castelao nos cinco continentes. Desde Afundación Obra Social ABANCA coaban co proxecto expositivo sobre o insigne Castelao itinerando a mostra polos diferentes concellos galegos co seu programa CORRENTE CULTURAL.

Os grupos e visitas escolares interesadas en visitar esta exposición poden concertar o seu reserva nos teléfonos 988 410 334 - 988 410 000/1.

NOTICIAS VERÍN | A Sala de Exposicións de Concello de Verín acollerá a mostra “Castelao...