miércoles. 01.05.2024
Recinto da Feira da Cervexa na Preguiza.

Xa non queda nada para que os amantes da birra poidan degustar os máis de 20 tipos de cervexas que se ofrecerán na III Festa da Cervexa de Verín, ademais dunha variada selección de gastronomía galega e alemá. Ista fin de semana, a Preguiza acolle unha feira que se celebrará ó longo de dúas xornadas: venres 13 e sábado 14 de outubro.

Unha terceira edición que volverá ter música ao vivo coas actuacións dos grupos Top Secret e Dr. Slump. Ademais, o Concello de Verín non quere esquecer ós máis pequenos da casa, que poderán disfrutar dos inchables instalados na Preguiza durante as dúas xornadas da feira.

Música, gastronomía popular e xogos para a cativada para complementar unha Festa da Cervexa que volverá contar cunha carpa para os postos de bebidas e alimentación. Máis dunha vintena de variedades de cervexa, tanto nacionais como de importación, ademais da ampla oferta gastronómica, con 10 postos de comida, dúas foodtrucks e a tradicional churrería. 

La carpa instalada en A Preguiza se llenó los tres días de la Festa da Cervexa de Verín. | FOTO: Iván Iglesias.
A carpa instalada na Preguiza encheuse os tres días da Festa da Cervexa de Verín na pasada edición. | FOTO: Iván Iglesias.

Horarios e programación

Comezará a III Festa da Cervexa coa apertura da carpa o venres, 13 de outubro, ás 19:00 horas. Tempo para catar e degustar as variedades de birra antes de dar comezo a actuación do grupo Top Secret ás 23:30h; unha banda que fai versións de música soul, funk, rock e pop cun estilo propio. Nista xornada, o recinto pechará á 1:00 da madrugada.

Xa o sábado, a carpa volverá abrir ás 12h para ofrecer comidas ata as 16:30 horas. Un pequeno descanso na tarde e ás 19:30h volverá comezar a troula ata a 1:30 da madrugada, momento no que se pechará o recinto para pór o punto final da festa. Antes do peche, ás 23:30 horasDr. Slump ofrecerá un concerto que fará un extenso repaso á música dos anos 80, 90 e 2000

NOTICIAS VERÍN | “Top Secret” e “Dr. Slump” actuarán na III Festa da Cervexa