A chamada brecha dixital está a afectar a moitas persoas na contorna. Por ise motivo, o IES García Barbón ten programada unha formación básica en competencias dixitais que permita adquirir os coñecementos necesarios para utilizar as novas tecnoloxías no día a día. A fenda dixital dificulta o acceso a servizos básicos que, hoxe, case exixen acceder a eles a través de internet.
Diste xeito, no instituto verinés desenvolverase un curso que ten como obxectivo romper isa fenda dixital e formar ás persoas participantes en aspectos básicos da vida cotiá; ó longo de 30 horas lectivas desenvolveranse contidos dixitais básicos para aprender a pedir citas a través de internet, enviar correos electrónicos ou ler os xornais dixitais, entre outros.
Unha formación gratuíta destinada a persoas sen formación dixital previa e que non estean a cursar ensinanzas regradas niste curso académico 2023/2024. A aula dixital comezará o vindeiro 2 de outubro e desenvolverase ó longo de dúas semanas, ata o día 16, en sesións diarias de 16h a 19 horas.
Para poder participar é necesario inscribirse con anterioridade; unha matrícula que se pode realizar presencialmente nas instalacións do centro de ensino, en horario de mañá, ou ben a través do teléfono: 988 685 085.