jueves. 02.05.2024
Rúa Maior de Verín. | FOTO: M. D.
Rúa Maior de Verín. | FOTO: M. D.

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a aprobación inicial do "Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico de Verín e do barrio de San Lázaro", promovido polo Concello de Verín co obxectivo de recuperar e pór en valor a zona.

Diste xeito, comeza o trámite de información pública do plan coa apertura do prazo de alegacións. Ó longo de dous meses o expediente administrativo quedará á disposición de calquera persoa que queira examinalo no Servizo de Urbanismo do Concello de Verín, así como no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello.

Ó tempo, notificarase individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados polo ámbito do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico de Verín e do barrio de San Lázaro.

NOTICIAS VERÍN | Aberto o prazo de alegacións para o plan de protección do casco vello