miércoles. 01.05.2024
Un autobús da empresa M.Pérez partirá da Mezquita, pasando por Riós e Verín, para chegar ata Lugo, onde terá lugar o mitin de Pedro Sánchez.
Un autobús da empresa M.Pérez partirá da Mezquita, pasando por Riós e Verín, para chegar ata Lugo, onde terá lugar o mitin de Pedro Sánchez.

O PSdeG-PSOE da comarca mobilizará esta xoves aos seus militantes e simpatizantes. Fretarán un autobús para asistir ao mitin do candidato socialista nas eleccións xerais e actual presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que se celebrará en Lugo.

O bus sairá esta tarde ás 15:15 horas ds Mezquita, en torno ás 15:30 fará parada no Catro Ventos en Riós e, finalmente, estacionará na Praza do Concello de Verín en torno ás 15:40, para logo partir hacia a capital lucense.

O mitin terá lugar no Auditorio Gustavo Freire ás 18:30 horas e, ademais de Sánchez, tamén estarán presentes o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso; a vicesecretaria do PSdeG e alcaldesa da cidade, Lara Méndez; e o candidato a Congreso da provincia lucense e delgado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro.

O acto poderase seguir en directo pola canle de YouTube do PSOE.

NOTICIAS VERÍN | O PSdeG da comarca freta un bus para asistir ao mitin de Pedro Sánchez...