miércoles. 24.04.2024
scape room 202306
O alumnado do Conservatorio de Verín deberá resolver o misterio da soprano Katerina Valls.

Hai un gran misterio na vila do Támega. Algo pasa coa soprano Katerina Valls e o alumnado do Conservatorio de Verín son os únicos que poderán resolvelo. Son a última esperanza para coñecer a verdade sobre o que lle acontece a Katerina Valls. Serán quen de responder a todos os enigmas que rodean ista historia?

O Conservatorio de Música de Verín non deixa de innovar nos seus métodos de ensino artístico. O seu profesorado vén de crear unha nova actividade para todo o alumnado co obxectivo de romper a formalidade das clases, fomentar a socialización entre a rapazada e ofrecerlles un ensino divertido. Un scape room relacionado coa teoría e a práctica musical.

Ideada polo profesorado do CMUS, xurdiu logo de ver a necesidade de facer unha actividade conxunta de cara ó final do curso que rompa a monotonía de clases e exames. A fomalidade dun ensino reglado fai que, ás veces, sexa estricto; con ista iniciativa buscan achegar dinamismo dentro do ámbito educativo. Unha actividade de ensino que aporta o beneficio de aprender mentras se divirten. Ocio educativo para aprender música.

Instrumentos adquiridos merced a las subvenciones tramitadas por la Anpa del Cmus. | FOTO:
O scape room terá lugar nun espazo pechado do que terán que saír no menor tempo posible.

O scape room é un xogo de aventuras no que terán que resolver o misterio. Conta a historia dunha soprano q lles deixou pistas e probas relacionadas coa música para que as descubran e podan saír do espazo no que se desenvolve no menor tempo posible. Haberá agasallos para todos os participantes, gracias ó esforzo da ANPA do Conservatorio, e un premio sorpresa para o grupo que resolva o enigma que se entregará no concerto de fin de curso.

Participarán ó redor de 60 alumnos e alumnas do Conservatorio en grupos, fomentando o traballo colaborativo e a sociabilización ó ter que resolver enigmas en común relacionados coa teoría da música e ca práctica musical. Unha actividade artística, educativa e divertida que achega ó ensino os xogos de moda e promove a participación de todos pondo en valor os seus coñecementos de teoría e practica musical.  

NOTICIAS VERÍN | O misterio da soprano Katerina Valls será resolto polo alumnado do...