viernes. 26.04.2024
festa final ludoteca 2022
A Ludoteca de verán finalizaba o pasado ano cunha gran festa. | FOTO: Concello de Verín.

O Concello de Verín vén de abrir o prazo de inscrición para a Ludoteca de verán “Convive en Igualdade” e o Campamento urbano 2023, dúas actividades destinadas a menores de 3 a 15 anos que buscan cubrir o tempo vacacional da cativada con propostas lúdicas e educativas.

Deseñados para cubrir o tempo de lecer da cativada, terán lugar desde o 22 de xuño até o 8 de setembro, de luns a venres, con diferentes horarios adaptados ás idades. A Ludoteca de verán está dirixida a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, mentres o Campamento Urbano está pensado para nenos e nenas de 11 a 15 anos.

Unha nova edición da Ludoteca de Verán que contará con actividades como animación á lectura, contacontos, lecer acuático, cine infantil, obradoiros medioambientais, reciclaxe ou fotografía, entre outras. Tamén, se organizarán festas temáticas. Durante o Campamento urbano realizaranse moitas actividades lúdicas e deportivas: acampadas nocturnas, sendeirismo, xogos olímpicos, obradoiros de pintura, actividades acuáticas ou visitas a lugares de interese da zona. 

As solicitudes para participar tanto na ludoteca como no campamento, deberanse cubrir na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín.

NOTICIAS VERÍN | Un estío para convivir en igualdade